Conxemar convértese no escaparate mundial do conxelado e dos produtos do mar
Conxemar pecha a súa primeira xornada con éxito de público convertendo Vigo na capital mundial do conxelado e dos produtos do mar. É a primeira gran cita mundial do sector despois da parada pola pandemia. Por fin é posible o contacto persoal con clientes potenciais e Conxemar convértese no mellor escaparate para presentar novos produtos como as piruletas de lagostinos ou as hamburguesas de pota.
Compromiso coa saúde e co ambiente, por exemplo, nas novas maquinarias de envasado. Apostas galegas polas que se interesan clientes doutros países que buscan para o marisco vivo envases sostibles, de orixe vexetal e que non deixen residuos.
Na súa primeira xornada Conxemar demostra que o sector está moi vivo, con expectativas de xerar novos contratos e liñas de negocio.