CRTVG

Buscar

Conxemar apuntala o seu carácter global pese á covid

Publicado o 01/10/2021 16:30

A semana que vén Vigo acollerá Conxemar, a primeira das catro grandes feiras do peixe do mundo, que se celebra de xeito presencial dende a crise da pandemia.

Vigo converterase de novo na capital mundial do sector da pesca e do conxelado e hai moitas expectativas depositadas en que a feira sexa o trampolín da recuperación económica.

No contexto actual, Conxemar non poderá superar marcas de participación, aínda así reforza a presenza internacional incorporando novos países coma Australia e Guinea-Bissau.

O martes as imaxes serán algo diferentes a estas. Veremos máscaras ou corredores máis anchos para que Conxemar sexa unha feira segura e a primeira do sector que a nivel internacional aposta pola presencialidade. O luns, o Auditorio Mar de Vigo acollerá como antesala da feira o Congreso Mundial da FAO presidido pola raíña Letizia.

Noticias web

01/10/2021