CRTVG

Buscar

Convocan unha vista o 22 de outubro para determinar que bens non se poden retirar de Meirás

Publicado o 10/09/2021 19:33

O xuíz cita o 22 de outubro os herdeiros do ditador, a Administración Xeral do Estado e a Concello de Sada para delimitar que obxectos dos que están dentro do pazo deben ter a consideración de bens inmobles, e polo tanto, deben quedar onde están.

Será o terceiro capítulo dun pulso que comezou en abril. Daquela, a Audiencia Provincial da Coruña interpretou que o Estado só tiña dereito á titularidade do edificio, pero non do seu contido, que tiña que devolerllo aos Franco. Entre esas pezas está, por exemplo, a biblioteca persoal de Emilia Pardo Bazán ou as estatuas do Mestre Mateo expoliadas da catedral de Santiago.

Aquela devolución aos Franco non chegou a executarse porque outro tribunal a bloqueou días máis tarde tras os recursos do Estado e do Concello. A resolución a este conflito chegará en mes e medio, cando a xuíza da Coruña terá que decidir que obxectos pertencen aos Franco e cales deben considerarse inseparables do propio pazo.

Noticias web

10/09/2021