CRTVG

Buscar

Convocan unha concentración contra a ocupación ilegal de vivendas na Zapateira

Publicado o 01/06/2020 13:17

Queren evidenciar a súa preocupación pola ocupación ilegal de vivendas no barrio. Por iso, a asociación de veciños da Zapateira decidiu convocar o acto de protesta. Cren que é fundamental participar nesta mobilizacion para mostrar a súa indignación e os seus temores.

Juan Manuel Sánchez, presidente da Asociación de veciños da Zapateira: "O medo é que isto pasa nesta vivenda e mañá pasa na miña. Non podo ir unha fin de semana fóra, nin á aldea ou á praia porque igual cando veña teño a miñá casa ocupada".

A indignación aumentou aínda máis ao ver este vídeo que gravaron os okupas no interior dunha das casas para mostrar os luxos da vivenda.

Juan Manuel Sánchez, presidente da Asociación de veciños da Zapateira: "Isto indignou os veciños. Algúns recrimináronlles nas redes sociais a súa actitude e responderon con ameazas. Isto é o que ten alarmados os veciños: a impunidade e que pode ter un efecto chamada".

Os veciños recoñecen que a situación da outra casa ocupada é diferente.

Juan Manuel Sánchez, presidente da Asociación de veciños da Zapateira: "Era unha familia e desde servizos sociais buscouse unha solución. A nai e os fillos foron a un piso de acollida, ao pai estánlle buscando outra solución. É un tema distinto".

Aínda así din que a ocupación ilegal en ningún caso debe ser a solución.

Noticias web

01/06/2020