CRTVG

Buscar

Convocan máis de 950 veciños de Vimianzo a un cribado para frear o aumento de casos no concello

Publicado o 24/04/2021 19:01


O Sergas tamén fixo este sábado un cribado en Vimianzo para todos os veciños de 40 a 50 anos. Máis de 950 persoas.

O concello está no nivel medio-baixo de restricións pero nos últimos días aumentaron os casos. Hai once persoas coa infección activa. "Estabamos entre un, dos, tres casos pero empezamos a subir un pouquiño. A semana pasada creo que estabamos en oito casos. Informáronme de que era un gromo localizado nunha mesma familia, pero loxicamente estamos moi pendentes", explicaba a alcaldesa. "Non estamos tan mal pero hai que vir aos cribados polo ben do pobo, para evitar que suba moito máis", dicía un veciño.

Máis dun xa temía que as festas pasasen factura."Co tema da Semana Santa, a relaxación das medidas", opinaba unha das convocadas. "Xa se vía vir", coincidía outra muller.

No concello confían en que a situación se poida controlar e non derive en máis restricións.

Noticias web

24/04/2021