CRTVG

Buscar

Convocan 22.000 vigueses a un cribado para detectar asintomáticos

Publicado o 27/01/2021 23:38
Convocan 22.000 vigueses a un cribado para detectar asintomáticos

O Sergas proporá a 22.000 habitantes do concello de Vigo participar nun cribado poboacional masivo con tests de antíxenos. O cribado levarase a cabo no Instituto Feiral de Vigo entre a tarde do venres e o próximo mércores.

Habilitarase un dispositivo sanitario formado por unha vintena de profesionais de enfermería. O Sergas subliñou que "a situación de pandemia é de transmisión comunitaria", e iso esixe facer uso de todas as ferramentas posibles para tratar de identificar o maior número de positivos posibles.

Os tests de antíxenos realizaranse no mesmo punto de atención sanitaria; nuns 15 minutos xa hai un diagnóstico, e con iso é posible realizar accións de control de maneira inmediata. Os voluntarios que participen coñecerán alí o resultado da proba.

Esta acción está destinada a detetcar asintomáticos polo risco que supoñen para a saúde pública pola súa potencial capacidade de contaxiar, está dirixida a persoas de idades comprendidas entre os 18 e os 60 anos aos que non se lles fixera un test PCR nos últimos dous meses.