CRTVG

Buscar

Convocan 1.062 prazas para estancias en balnearios para persoas maiores

Publicado o 03/04/2019 19:53

A Consellería de Política Social convocou 1.062 prazas para unha estancia en balnearios. Poden acceder a elas persoas maiores de 65 anos, ou desde os 55 se se trata de persoas xubiladas, viúvas ou incapacitadas. Canda a idade requírese ser residente en Galicia. Cobren o aloxamento e a manutención en pensión completa. A consellería financia un 31% dos gastos destas estancias, a maioria, de dez dias.

Noticias web

03/04/2019