CRTVG

Buscar

Convocados dez dias de folga en Ryanair

Publicado o 22/08/2019 20:42
Convocados dez dias de folga en Ryanair

Os traballadores de Ryanair en España convocan dez dias de folga, durante o mes de setembro, en protesta polo peche das bases que a compañía aérea ten en Gran Canaria, Tenerife e Xirona.Son dez dias de paros que se inician o 1 e 2 de setembro, en plena operación retorno de vacacións. En Galicia, Ryanair ten base no aeroporto de Santiago. De momento non está ameazada de peche pero a folga afecta a mais de 200 voos programados desde a Lavacolla. A semana que ven producirase un último intento de negociación entre a empresa e os sindicatos para tratar de evitar os paros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019