CRTVG

Buscar

Convocado para o 13 de xullo o plenario de En Marea no que abordarán a renovación da dirección

Publicado o 02/07/2019 21:53

En Marea celebrará o 13 de xullo un plenario co que a formación busca reformularse tras a última crise  que acabou coa ruptura do grupo parlamentario. Abordarán a renovación dos órganos de dirección, incluído o Consello das Mareas, que leva desde decembro incompleto porque varios críticos non tomaron posesión. Villares volverá someterse ao referendo dos inscritos sete meses despois de que o elixiran.

 

"Que sexan as inscritas as que decidan se a dirección que está neste momento debe continuar ou non e tamén completar esa dirección para que estean activos os 35 membros do consello", di Ana Seijas, vicevoceira de En Marea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019