CRTVG

Buscar

Convocada unha folga xeral de médicos en toda España para o vindeiro día 27

Publicado o 07/10/2020 22:23
Convocada unha folga xeral de médicos en toda España para o vindeiro día 27

Os médicos de toda España están chamados a ir á folga o 27 de este mes. Están convocados pola Confederación Estatal de Sindicatos Médicos.

O motivo da folga é polo decreto lei aprobado a semana pasada polo Goberno central que permite a contratación de médicos sen especialidade ou de fóra da Unión Europea para loitar contra a pandemia.

Os sindicatos médicos din que esta norma supón "unha agresión á seguridade dos pacientes e á dignidade profesional".

Noticias web

07/10/2020