Converte o seu escaparate nunha árbore solidaria de recollida de alimentos
As iniciativas solidarias son algo xa habitual no Nadal pero este ano aínda máis que andamos un pouco sensibles. O dono dunha tenda de electrodomésticos de Cambados decidiu prescindir do escaparate onde promove os seus produtos e colocar no seu lugar unha árbore que din que é máxica. E máxica non sabemos se será, pero orixinal é dabondo.
Visto de lonxe, a árbore do seu escaparate podería ser un reclamo máis de Nadal, pero a realide é ben distinta. Lonxe de exhibr produtos en venda, a árbore máxica que medra e medra por momentos é unha iniciativa solidaria que este ano puxo en marcha o propietario deste negocio ao non poder facer os eventos que facía outros anos.
A iniciativa está a ter grande acollida entre os veciños, que pouco a pouco van facendo medrar a árbore coas súas achegas. A árbore seguirá medrando ata o Día de Reis. Carlos agarda poder baleirala un par de veces neste tempo.
"Oxalá que se encha moitas veces e ata despois de Reis imos estar aí. Ata que se nos ocorra outro escaparate", di Carlos Piñeiro.
Todo o recollido será entregrado ao Banco de Alimentos do Salnés.