CRTVG

Buscar

PP e Ciudadanos comezan as conversas para chegar a acordo na Asemblea e no Concello de Madrid

Publicado o 07/06/2019 08:43

E en Madrid, PP e Ciudadanos comenzan hoxe as negociacións para chegar a pactos no Concello e na Comunidade.

Ciudadanos vai adiantado, xa onte se reuniu co Partido Socialista nun encontro definido como cordial e no que Ciudadanos lle trasladou a Gabilondo que a prioridade para a formación laranxa é chegar a acordo co Partido Popular. Formalmente, será esta tarde cando a candidata do PP á presidencia rexional, Isabel Díaz Ayuso, e Ignacio Aguado, por parte de Ciudadanos, se reúnan tras unha toma de contacto a semana pasada.              

Ciudadanos e PP situaráronse como "socios preferentes" nas negociacións para formar goberno pero necesitan nas dúas institucións madrileñas a Vox para poder sumar.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/06/2019