CRTVG

Buscar

Contundente vitoria de Macron na segunda volta das lexislativas en Francia

Publicado o 19/06/2017 12:45

Só a altísima abstención, máis do 57%, empaña a vitoria de Enmanuel Macron, que se converte no presidente francés con máis poder desde De Gaulle

A segunda volta das lexislativas converte a Enmanuel Macron no presidente francés con máis poder desde De Gaulle. A súa vitoria contrasta co golpe que levaron os socialistas, afundidos nas urnas.

A de Macron foi unha contundente vitoria, só empañada pola altísima abstención, que superou o 57%.

Os republicanos quedan como segunda forza, a moita distancia, e confírmase a derrota histórica dos socialistas, cuxo líder xa dimitiu. A ultradereitista Marine Le Pen estrea escano, pero non logra grupo parlamentario propio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2017