CRTVG

Buscar

A coalición de Macri gaña as eleccións lexislativas na Arxentina

Publicado o 23/10/2017 21:30

O Goberno arxentino aproba con nota o exame nas urnas e logra unha destacada vitoria nos comicios lexislativos desta fin de semana. O novo mapa do Congreso arxentino daralle máis facilidades ao oficialismo para levar adiante as súas reformas pendentes. A gran perdedora dos comicios foi a ex-presidenta, Cristina Fernández de Kirchner.

A contundente vitoria do oficialismo nas eleccións lexislativas da Arxentina con máis dun 40 % do apoio a nivel nacional deixa á fronte presidencial Cambiemos cunha notable mellora na súa representación na Cámara de Deputados e Senadores polo que vai a poder aplicar as súas políticas reformistas con moita máis comodidade nos vindeiros dous anos.

O rotundo apoio ao macrismo deixa ao descuberto a fin da etapa dourada do kirchnerismo. Cristina Fernández de Kirchner será senadora a pesar dunha dolorosa derrota por 4 puntos no seu territorio, a provincia de Bos Aires.

Parece que a Fernández de Kirchner lle pasaron factura as causas xudiciais que a rodean pero como senadora volve estar protexida ante unha hipotética detención. 
Falta ver agora se o apoio da cidadanía a Macri impulsa a anunciada choiva de investimentos internacionais na Arxentina  e de que xeito se reagrupa a oposición con vistas ás presidenciais do 2019.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/10/2017