CRTVG

Buscar

Extinguidos os incendios declarados na provincia de Ourense

Publicado o 27/03/2019 20:36

Ao longo da tarde quedaron extinguidos os tres incendios declarados na provincia de Ourense. O maior, na parroquia de Santigoso, no Barco de Valdeorras, queimou 121 hectáreas, segundo datos provisionais. Comezou en dúas frontes no serán de onte. Medio Rural cre que foi intencionado.

O enésimo incendio que sofre Calvos de Randín entrou de madrugada desde Portugal. Arrasou 7 hectáreas de bosque no Parque Natural do Xurés. Outro incendio en Chandrexa de Queixa queimou 70 hectáreas de monte raso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2019