CRTVG

Buscar

Controlado un incendio que afectou 5 naves nun polígono industrial en Asturias

Publicado o 29/08/2020 19:03


Outro incendio,neste caso, nun polígono industrial, no concello asturiano de Llanera, destruiu varias naves. O lume comezou nun concesionario de motocicletas, no polígono industrial de Silvota, e afectou a cinco naves. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais, malia que as perdas son cuantiosas, segundo informa a Consellería da Presidencia do Principado.

O incendio propagouse de forma moi rápida polas naves a través do teitume que as conecta, pero xa está controlado. Ata o lugar desprazáronse equipos de bombeiros, así como varios dispositivos de intervención. Polo momento, descoñécense as causas do sinistro.






 

Noticias web

29/08/2020