CRTVG

Buscar

Controlado o incendio que se orixinou no alpendre dunha vivenda en Begonte

Publicado o 06/09/2021 20:59

Un incendio na parroquia de Carral, no concello lucense de Begonte, obrigou a pechar ao tráfico a estrada N-VI. Ao parecer, as chamas iniciáronse no alpendre desta vivenda, que está deshabitada, e fóronse estendendo por todo o inmoble, que quedou completamente calcinado. O suceso obrigou a pechar temporalmente a N-VI e no operativo de emerxencias participaron Bombeiros de Vilalba, Garda Civil e unha motobomba.

 

Noticias web

06/09/2021