Controlado o incendio que arrasou 6.000 hectáreas en Ribeira de Ebro
Publicado o 01/07/2019 14:20
Os bombeiros revisan a área queimada polo incendio de Ribeira de Ebro que esta pasada medianoite quedou controlado.
Na zona queda un retén integrado por 20 dotacións de bombeiros e 3 aeronaves para mollar as brasas.
Durante os últimos cinco días, o lume arrasou 6.000 hectáreas de monte e cultivos en oito concellos das provincias de Tarragona e Lleida. As dúas terceira partes de todo o terreo queimado corresponde ao concello de Flix.