CRTVG

Buscar

Controlado o incendio de Baleira tras calcinar seis hectáreas

Publicado o 19/08/2021 10:44
Controlado o incendio de Baleira tras calcinar seis hectáreas

EFE/Eliseo Trigo

O incendio forestal rexistrado en Baleira, na parroquia de Cubilledo, está controlado, segundo informou a Europa Press a Consellería do Medio Rural.

Trátase dun incendio que se iniciou ás 12:13 horas do mércores no citado municipio da comarca da Fonsagrada, que afectou seis hectáreas, de acordo cos datos achegados polo departamento autonómico.

Arredor das 18:15 horas do mércores, deuse por controlado este incendio, aínda que se segue traballando refrescando a zona antes de dalo por extinguido. O operativo estivo conformado por catro axentes, 21 brigadas e un técnico, ademais de 10 motobombas, sete helicópteros e seis avións.

Noticias web

19/08/2021