CRTVG

Buscar

Controlado o incendio da serra entre Madrid e Toledo

Publicado o 01/07/2019 22:01

Dous dos tres focos de lume que, desde hai tres dias arrasa a serra entre Madrid e Toledo, están xa controlados. O terceiro, en Peña Cenicientos, continúa activo. Esta situación permitiu rebaixar o nivel de perigosidade ao mínimo, axudada polo descenso das temperaturas. 14 medios aéreos e uns cincocentos profesionais participan aínda nos labores de extinción.
Con 3.300 hectáreas queimadas, converteuse no peor incendio do século na Comunidade de Madrid.
A intensidade do lume obrigou a desaloxar unhas 2.000 persoas das urbanizacións da serra. Estaba previsto que a ultima hora do serán puideran regresar definitivamente ás súas casas.
En Tarragona, ata as doce desta noite non se puido dar por controlado o incendio de Ribeira de Ebro, que desde o pasado mércores arrasou mais de 6.000 hectáreas. Na zona queda un retén integrado por 20 dotacións de bombeiros e 3 aeronaves para mollar as brasas.

Noticias web

01/07/2019