CRTVG

Buscar

Controlado o gromo detectado no parque de bombeiros da Coruña

Publicado o 26/03/2021 16:28

O gromo de coronavirus no corpo de bombeiros da Coruña obrigou a hospitalizar dous dos sete funcionarios que deron positivo. Todos eles están pasando a correspondente corentena e a súa situación non se agravou. Ademais, outros tres bombeiros que deron negativo están en confinamento preventivo.

Por mor da situación e por precaución, activouse un protocolo para facer un cribado neste parque de bombeiros e tamén a outros traballadores municipais, arredor dun cento de persoas.

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, asegura que "o gromo está totalmente focalizado e controlado". Segundo fontes municipais, este parque de bombeiros segue funcionando con normalidade porque os contaxiados son una pequena parte do cadro de traballadores.

 

Noticias web

26/03/2021