Control de temperatura de fabricación 100% galega
En Bergondo, deseñaron un novo sistema para medir a temperatura. átase dun control automático de temperatura que se instalaría nas entradas dos centros de traballo ou nas tendas. O usuario ten que achegarse á pantalla, sen chegar a tocala, e nun par de segundos pode ler o dato da temperatura. No caso de que alguén tivese febre emitiría unha alarma, e mesmo podería configurarse para que se pechase o torno de entrada.
Din aquí que se trata dun dispositivo ata un 60% máis barato que outros sistemas similares e que, ao ser de fabricación totalmente galega, se reduciría o prazo de entrega e tamén a dependencia de empresas tecnolóxicas estranxeiras.
Unha especie de semáforo da febre para instalar na entrada de tendas e traballos. Así é o dispositivo de control de temperatura que deseñaron en Bergondo, capaz de controlar ata dez usuarios por minuto.
Empresas da alimentación e do téxtil xa se interesaron por este prototipo, máis asequible que as cámaras termográficas e de fabricación 100% galega.
E aquí a cabeza non lles para, porque xa teñen en camiño unha cámara de visión artificial que permita controlar a afluencia nas tendas.