CRTVG

Buscar

Control de especies exóticas invasoras no Parque Natural de Corrubedo

Publicado o 11/05/2019 23:13

Continúan as actividades de voluntariado ambiental organizadas pola dirección xeral de Xuventude. Ao abeiro do programa europeo LEWO, pretenden fomentar a conservación do medio entre a poboación local. Esta fin de semana, un grupo de mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos, tentan controlar unha especie exótica invasora no complexo dunar de Corrubedo.

Traballan na contorna dos muíños de Amendo, no parque natural de Corrubedo. A maioría pertence á asociación arousá BATA de tratamento do autismo. Arrincan Tradescantia fluminensis, a popular orella de gato.

Lorena presta especial atención para non espallar a especie. Esta moza madrileña, que estuda en Compostela, quixo unirse ao grupo de voluntariado para achegar o seu grao de area.

Trátase de concienciar dos problemas ambientais máis próximos para fomentar a conservación do medio entre a poboación local.

Ata o vindeiro mes de xuño, a Dirección Xeral de Xuventude organiza actividades de voluntariado ambiental en distintos puntos de Galicia. Este grupo rematará a súa experiencia recollendo lixo nas praias do complexo dunar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/05/2019