CRTVG

Buscar

Controis nos centros comerciais das grandes cidades, pechadas perimetralmente

Publicado o 16/01/2021 21:58

As cidades grandes están pechadas perimetralmente de xeito individual. E para evitar que a poboación salte eses límites hai controis, sobre todo, nas zonas comerciais. 

Intensifícanse os controis de mobilidade nos concellos pechados, incluídas as sete cidades. Este sábado puidemos ver máis presenza policial da habitual nos centros comericiais. Os axentes queren detectar persoas que non residan nas cidades. Para que se cumpran as medidas estanse intensificando os controis nos 63 concellos con peche perimetral, especialmente nas sete cidades galegas.

Se non teñen xustificación os axentes tomaranlles os datos e tramitarase a correspondente sanción. As autoridades sanitarias piden que limitemos os desprazamentos só ao esencial.

 

 

Noticias web

16/01/2021