Controis nos accesos á Illa de Arousa para evitar xente doutras provincias
Acompañamos unha mañá unha das patrullas da Policía Local que controla o acceso e o cumprimento das regras de confinamento na Illa da Arousa. Aquí na ponte non hai sorpresas. Todo o que circula pode facelo. Tamén controlan quen pasea ou fai deporte; por exemplo, esta parella non podería facelo porque son de Vilagarcía, din que descoñecen a norma e desta volta non hai sanción.
Coma este, tiveron moitos casos a pasada fin de semana. Turistas de Ourense, de Vigo ou de Vilagarcía atraídos pola falta de tramos horarios. Houbo tamén quen se bañou cando non se podía facer.
Logo das alertas da pasada fin de semana, a partir do luns pasado comezáronse a poñer multas, que van desde os 600 euros ata os 30.000. Os axentes locais tiveron o apoio tamén da Garda Civil, polo que ir dar un paseo pola Illa, non sendo da localidade, pode saír moi caro.
Nos controis pola illa a maioría dos veciños non levan o carné de identidade enriba, algo que podería ser sancionado porque é obrigatorio levalo.