CRTVG

Buscar

Atascos no primeiro día laborable tras o peche das fronteiras con Portugal

Publicado o 01/02/2021 13:21

Ringleiras de coches agardaban antes das oito da mañá na ponte que une Salvaterra de Miño con Portugal, neste primeiro día laborable tras o peche da fronteira.

"Imos traballar ao serradoiro e haberá que esperar ata que abran e nos deixen pasar".

Cruzan a diario o Miño por aquí para acudir aos seus postos de traballo no país veciño. E a pesar de que algúns percorreron xa a estas horas media Galicia, lévano con paciencia.

"Imos traballar a Monção".

Por esta ponte de Salvaterra cruzan a diario uns dez mil vehículos, a inmensa maioría turismos. Milleiros de persoas fan a súa vida nas dúas beiras. Agora só se poderá cruzar catro horas: de oito e a dez da mañá e de sete a nove da noite.

Os alcaldes da comarca quéixanse de que non se tivese en conta a realidade da vida na raia e reclaman que os horarios se adapten ás necesidades dos traballadores transfronteirizos.

Noticias web

01/02/2021