Controis de acceso nas entradas e saídas das áreas con mobilidade restrinxida
Publicado o 07/11/2020 15:18
Precisamente para vixiar que se cumpran esas limitacións hai controis de acceso nas entradas e saídas das áreas con mobilidade restrinxida. Imos ata un deses puntos, en Arteixo, onde houbo controis durante toda a mañá.
O que queda restrinxida é a mobilidade: non se poderá saír nin entrar das zonas perimetradas. A non ser que sexa por causas obrigadas: ir ao traballo, unha urxencia médica, coidar dun maior ou incluso ir ao enterro dun familiar noutro concello.
E neses 60 concellos con restricións especiais están prohibidas as reunións de persoas que non vivan xuntas.
Todas estas medidas entraron en vigor esta medianoite e estarán vixentes durante un mes.