CRTVG

Buscar

Navantia asina o seu maior contrato para construír estruturas de enerxía eólica

Publicado o 18/06/2020 15:12

• Producirá 62 jackets destinados ao parque eólico de Saint-Brieuc, en Francia

• Dará emprego directo a preto de 1.000 traballadores en Galicia e Asturias

• Selo galego nos principais parques mariños de Europa

Navantia asinou este xoves o maior contrato da historia do estaleiro na construción eólica mariña. Por encargo de Iberdrola, e por un importe total de 350 millóns de euros, a industria naval, asociado coa empresa Windar nunha UTE, construirá 62 jackets -as plataformas que sosteñen os aeroxeradores mariños- destinados ao parque eólico de Saint-Brieuc, en Francia.

Este parque eólico vaise construir a 16 quilómetros da costa da bretaña francesa, sobre unha extensión de 78 quilómetros cadrados. A fabricación das estructuras metálicas garantiralle a Navantia Fene polo menos un ano de carga de traballo.

Segundo Navantia, o acordo dará emprego directo a preto de 1.000 profesionais en Galicia e Asturias. En Fene construiranse as torres e farase a ensamblaxe final. En Avilés farán as ancoraxes ao fondo do mar. Outros 1.100 empregos serán creados en Francia, onde se fabricará parte das estruturas. O Goberno francés estableceu a creación de emprego local como requisito para autorizar este proxecto.

 

Noticias web

18/06/2020