CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Contrato para mellora da liña de ferrocarril entre Viana do Castelo e Valença

Publicado o 27/07/2018 20:54
A conselleira de Infraestruturas asistiu ao acto de formalización do contrato para a mellora dos 48 quilómetros da liña de ferrocarril entre Viana do Castelo e Valença do Miño. Complétase así o último treito da conexión desde O Porto. Ethel Vázquez trasladou a satisfacción da Xunta pola mellora deste treito e reiterou a demanda ao Ministerio de Fomento para que impulse as melloras necesarias no trazado galego. Vázquez manifestou a importancia estratéxica que ten para Galicia que o tempo da viaxe entre Vigo e O Porto quede sobre os 90 minutos.

Telexornal Serán

27/07/2018