CRTVG

Buscar

Contratan 80 sanitarios para as residencias de maiores

Publicado o 06/04/2020 14:46

Son 62 os centros afectados en toda a comunidade. O maior número de casos rexístrase este luns en Ourense, na residencia Nuestra Señora de la Esperanza San Rosendo, con 106 casos . Séguena as de DomusVi de Cangas e a de Vigo, que suman 166 positivos. Nesta área o Sergas contratou 80 sanitarios para prestar servizos nos centros con altos niveis de contaxios.

Dos 22.400 usuarios das residencias galegas, os afectados pola COVID-19 son 657 e faleceron 54, segundo os últimos datos de Política Social.

Pola súa banda, continúan os labores de desinfeccion e limpeza do Exército e segue a reagrupación dos maiores que dan negativo nos tests en espazos afastados dos focos de contaxio. Ata a residencia de tempo libre de Panxón xa foron trasladadas vinte unha persoas.

Noticias web

06/04/2020