CRTVG

Buscar

Contraste entre a cidade de Ourense e 27 concellos da provincia sen covid−19

Publicado o 27/09/2020 21:27

As medidas obrigaron a pechar cafeterías e bares que non teñen terrazas.

Na área sanitaria de Ourense hai 39 casos activos máis ca onte; para evitar que se siga espallando o virus, están tamén prohibidas as xuntanzas de máis de cinco persoas.

E fronte á tensión que hai no concello de Ourense pola alta incidencia de contaxios, que duplica a taxa galega, están pola contra os muncipios que non teñen ningún positivo.

Tampouco en Punxín teñen contaxios polo momento. Son todos concellos con pouca poboación e moi dispersa.

En total en Galicia hai 49 muncipios que levan catro semanas sen casos activos. A finais de agosto eran cen.

Noticias web

27/09/2020