CRTVG

Buscar

'Contra el mar y el viento', voces reais de naufraxios e piratas galegos

Publicado o 01/02/2019 21:43

A continuación ímonos mergullar no noso mar, con voces reais de naufraxios e de piratas galegos. Imos falar dun libro que rescata testemuños oficiais que debullan moitas aventuras sorprendentes que sucederon nas nosas costas.

Imaxes tan, tan diferentes, que acaban por parecerse. Porque entrar así case vén sendo... coma entrar así. Porque mergullarse no mar é tamén mergullarse na pedra. Hai tantas, tantas aventuras nosas que quen lles dera ás películas.

Historias coa forza ingobernable do mar. A nosa costa sufriu máis naufraxios ca ningunha outra, por iso algúns converteron o respecto en medo e construíron unha lenda negra que nunca, nunca atopou demostración histórica. Contaban que había en terra galegos que enganaban os barcos e os mandaban contra as pedras... para se aproveitar das crebas que chegarían á praia. Había quen pescaba restos, pero non se provocaban naufraxios. Iso si, aquí houbo ataques de corsarios.

E seguimos pasando as páxinas da historia, coma ondas que van ao revés de tan alporizadas. Seguimos listando nomes de tripulantes: vivo, morto, morto, morto, vivo, morto. O libro do mar segue vivo, escribindo páxinas ante a nosa ollada, con respecto antes ca con medo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/02/2019