CRTVG

Buscar

'Contra el mar y el viento' é o novo libro de naufraxios do escritor galego Santiago LLovo

Publicado o 25/01/2019 16:12

Contra el mar y el viento, así é como se titula o último libro do escritor galego Santiago Llovo, en que se narran en primeira persoa os incidentes navais máis importantes que sucederon entre Laxe e a ría de Arousa dende mediados do século XVIII ata finais do XIX. Un libro de aventuras de corsarios e naufraxios que se está a presentar estes días.

Non é unha novela historiada é historia en estado puro, relatos contados en primeira persoa polos protagonistas dos naufraxios e abordaxes que sucederon fronte ás costas galegas cando os barcos navegaban a vela.Son declaracións sacadas das Protestas de mar e que Santiago Llovo atopou no Arquivo Histórisco da Universidade de Santiago.

Santiago Llovo, escritor e historiador: "Este libro baséase nun documento público que se chama efectivamente Protestas de mar, que non deixaban de ser declaracións dos capitáns dos buques mercantes que declaraban o que pasou. Todas as protestas acababan coa mesma frase que era 'Protesto unha, dúas, tres e cantas veces sexan necesarias contra o mar e o vento para que non sexa pedidas xamais responsabilidades.....' e de aí vén o título do libro".

O libro relata de forma cinematográfica o final dunha era: a da navegación a vela."Son pequenas historias algunha realmente arrepiante. O capitán relata como se lle ían caendo os mariñeiros un tras outro, o barco afundiu e quedaban nos mastros. Incluso a dun pai que perdeu un fillo que se lle escapou da man. Iso sucedeu e sucedeu aquí.

Contra el mar y el viento, historias de películas que sucederon á nosa beira.



 

Noticias web

25/01/2019