Continuidade en Carballo: Lemos seguirá no banco do Bergan
Publicado o 27/05/2021 15:46
Xose Luis Lemos e o Bergantiños seguirán da man despois de acadar o ascenso á 2ª Federación.
O preparador confía en configurar un equipo competitivo co obxectivo de manterse na categoría.
Para acadalo, será chave manter o bloque do ano pasado: "O que buscamos é que o proxecto teña continuidade na categoría; e se se pode crecer, crecer".
Iso si, a chave para Lemos será "volver a ser un equipo, máis alá do que se poida marchar ou do que podamos traer".