CRTVG

Buscar

Aragón sacrificará máis de 90.000 visóns nunha granxa por estaren infectados da Covid-19

Publicado o 16/07/2020 15:22

Lleida segue a ser o principal foco de atención sanitaria en España. Alí xa morreron 4 persoas en menos de dúas semanas. Pero hai, lembren, ata 120 focos activos por todo o país. Nalgún deles xa mandaron despregar o Exército para que se cumpran as restricións. Os expertos insisten moito en que evitemos os riscos nas reunións familiares.

Os brotes activos de coronavirus en Cataluña, sobre todo os da comarca do Segrià e o da localidade barcelonesa do L'Hospitalet, onde existe transmisión comunitaria, continúan sendo os que máis preocupan ás autoridades sanitarias.

"Estámolo vendo nalgunhas comunidades autónomas, nalgunhas provincias, onde a pesar de poder controlar os brotes seguimos vendo unha certa transmisión comunitaria que aínda nos preocupa moito e sobre a que temos que actuar contundentemente as comunidades autónomas.", di o epidemiólogo Fernando Simón.

Tamén preocupan os das cormarcas aragonesas veciñas do Segrià, onde nas últimas 24 horas se rexistrou un novo brote nun asentamento ilegal de Albalate onde residían temporeiros.

Hai 28 infectados que foron trasladado ao polideportivo local para pasar a corentena. O Exército encargarase da vixilancia do recinto e de instalar un comedor de campaña no exterior.

Nesta mesma comunidade, as autoridades sanitarias ordenan exterminar 92.000 visóns infestados pola covid-19 nunha granxa de Teruel.

En Guipúscoa, as probas PCR confirmaron un terceiro positivo por coronavirus entre os usuarios dun cámping de Zarautz pechado ao detectarse os dous primeiros casos.

Noticias web

16/07/2020