CRTVG

Buscar

Continúan paralizadas as obras do cemiterio de Sarria

Publicado o 14/05/2019 16:17

Malestar en Sarria porque continúan paralizadas as obras de ampliación do cemiterio, que deberían estar rematadas a finais do 2018. A obra tivo que paralizarse porque se apreciaron erros de cálculo no proxecto que afectaban, entre outros, a cuberta dos nichos e temas de iluminación, e arranxalos vai custar un terzo máis do previsto.

En principio, barallábase a continuidade da mesma empresa que gañara o concurso, facendo as modificacións oportunas, pero finalmente vaise resolver ese contrato e vaise volver a licitar a obra cun novo proxecto que xa se está facendo.

A obra, que estaba licitada en  371.000 euros, fora adxudicada á baixa por 226.000, polo que aínda quedan cartos na partida presupostaria para solucionar estes erros.

A oposición pide responsabilidades políticas por esta demora e incluso ameazou con levar o asunto ao xulgado. O proxecto de ampliación contemplaba a creación de 264 nichos e o prazo de execución era de só 4 meses, polo que hai tempo que tiña que estar rematado. 

 

 

 

Noticias web

14/05/2019