CRTVG

Buscar

Continúan os traballos para reparar os estragos causados polas treboadas en Ourense

Publicado o 15/07/2019 11:48

En Ourense continuaban esta mañá os traballos para reparar os estragos causados polas treboadas desta fin de semana. A forte chuvia provocou o afundimento de parte da estrada no acceso á rúa Pardo de Cela, onde permanece cortado un carril. En só 15 minutos caeron máis de 26 litros por metro cadrado. Rebentou unha das tubaxes.

Dende o Concello recoñecen que se trata dun problema habitual cando chove moito polo mal estado da rede. Xa encargaron un informe e din que levarán a cabo unha revisión xeral da instalación para intentar evitar que volva acontecer.

As fortes treboadas tamén afectaron a zona de Trives e de Valdeorras onde a pedra ocasionou danos nos viñedos. Na Denominación de Orixe Valdeorras falan de entre un 10 e un 15 por cento de afectación na colleita por mor dos últimos episodios tormentosos.

Noticias web

15/07/2019