CRTVG

Buscar

Continúan os traballos forenses no corpo de Diana na unidade do Imelga de Verín

Publicado o 03/01/2018 20:55

Mentres en Verín continúan os traballos forenses. Agárdase que nos vindeiros días poida coñecerse cando e como morreu Diana Quer. Lembremos que o corpo apareceu recoñecible grazas a que estivo inmerso en auga limpa, sen fauna e a unha temperatura baixa e constante.

Estes traballos forenses estanse levando a cabo dun xeito minucioso por parte do experto Fernando Serrulla co obxectivo de determinar se a morte se debeu a un estrangulamento, a un atropelo ou se houbo agresión sexual. A unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia é pioneira na busca de indicios de crimes en cadáveres.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018