CRTVG

Buscar

Continúan os roubos nocturnos en locais de hostalería na Coruña

Publicado o 11/10/2021 10:36
Continúan os roubos nocturnos en locais de hostalería na Coruña

Na Coruña, continúa a vaga de roubos en locais de hostalería da cidade. O último en sumarse á lista, un local da cidade vella. Entre os hostaleiros da cidade medra a preocupación porque din que xa non saben que facer ante o crecente número de roubos en locais da cidade. Os asaltos cométense durante a madrugada. O último local en engadirse á lista foi un café da cidade vella, de onde os asaltantes levaron a caixa despois de acceder ao interior desfacendo a porta. Foi un veciño o que deu o a voz de alarma, e ao parecer a persoa ou persoas que cometeron o roubo tiñan claro o que buscaban, xa que só levaron a caixa coa recadación do día, cuxos cartos aínda están sen determinar, e non causaron outros danos. Esta fin de semana tamén se rexistraba na cidade o asalto a outro café, que neste caso sufriu dous roubos en pouco máis de corenta e oito horas. Tamén aquí os ladróns foron directamente á caixa rexistradora, como sucedeu con outro negocio na rúa de San Andrés.

Noticias web

11/10/2021