CRTVG

Buscar

Continúan os labores de busca dos tres desaparecidos polas riadas en Mallorca

Publicado o 11/10/2018 14:56

Mallorca reclama a nosa atención en primeiro lugar. Conectamos con Sant Llorenç, onde continúan os labores de busca dos desaparecidos.  

Efectivos da Unidade Militar de Emerxencias, Policía, Bombeiros e Garda Civil reanudaron á primeira hora da mañá a busca de persoas desaparecidas tras a devastadora riada no leste de Mallorca. Os equipos céntranse nun neno de cinco anos que viaxaba no coche coa súa nai, que faleceu arrastrada pola auga, e en dous adultos de nacionalidade alemá. pero non so. Deles hai constancia, e o Goberno balear non desbota que haxa outros desparecidos a quen ninguén reclamou.

Un operativo de 800 persoas, segundo a Administración autonómca, traballa para localizar cadáveres ou superviventes tanto na zona arrasada polo rebordamento do torrente coma na desembocadura no mar.

Á falta dunha cuantificación oficial de danos, este é o mellor resumo que se pode facer da situación: un desastre, pero estamos vivos.

Dous días despois da riada xa é momento de comezar a avaliar a catástrofe para poder iniciar a reparación.

De momento, parte dos militares da UME desprazados á zona xa están traballando nesta tarefa na poboación de San Llorenç, a máis afectada.

A tarefa de limpeza é inxente tanto nas vivendas coma nas rúas, bloqueadas por montañas de mobles, electrodomésticos, roupa enlamada e coches esnafrados.

E ademais hai que facer reconto de danos tanto públicos coma privados para, canto antes, comezar a achegar as axudas para a reconstrución que tanto o Goberno balear como o do Estado preparan.

Continuaremos en Sant LLorenç pendentes de calquera novidade quese produza e que lles trasladaremos inmediatamente aquí, na Televisión de Galicia.

E despois da traxedia, chega a análise da situación. A magnitude das inundacións agravouse por factores naturais, como a orografía do terreo, e humanos, como a mala canalización dos torrentes ou a política urbanística. E todo apunta a que houbo falta de persoal e de medios e descoordinación nas tarefas de rescate.

A tormenta perfecta provocada polos factores meteorolóxicos contou con varios aceleradores que multiplicaron o seu efecto devastador. A orografía montañosa, con numerosos torrentes que converxen en Sant Llorenç, sumado á edificación en valgadas, e mesmo á presenza de coches aparcados no curso fluvial seco, configurou o peor cóctel posible.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018