CRTVG

Buscar

Continúan os incidentes en Chile, con 22 mortos en catro semanas de protestas

Publicado o 14/11/2019 22:21

Vinte e dous mortos en case catro semanas de protestas en Chile. O Goberno fixo reconto das consecuencias do estalido social que provocou a suba do prezo do billete do metro. Dos 22 falecidos, cinco morreron, presuntamente, a mans da policía. E outros cinco son estranxeiros.

Ademais, hai máis de dous mil feridos, a maioría por impactos de pelotas de goma ou gases lacrimóxenos. Os detidos superan os seis mil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2019