CRTVG

Buscar

Continúan os controis para evitar desprazamentos non permitidos

Publicado o 31/10/2020 17:10


As primeiras horas deste sábado transcorreron con tranquilidade despois dos atascos puntais rexistrados o venres pola tarde debido aos controis policiais establecidos para evitar viaxes non permitidas. Segundo a dirección de tráfico, os desprazamentos por estrada en Madrid baixaron un 59 por cento respecto ao ano pasado. Normalidade tamén no aeroporto e na estación de tren.

Esta ponte de Todos os Santos arrancou con case 41 millóns de españois, o 87 por cento da poboación, confinados, tras o peche perimetral de 13 comunidades autónomas.

Valencia, Cataluña e Cantabria foron as últimas comunidades en sumarse aos confinametos perimetrais. E Estremadura só pechou once concellos. Madrid pola súa parte conseguiu un peche por días, ata o martes. A presidenta pediralle ao Goberno seguir con estas perimetracións temporais. Díaz Ayuso cre que agora o perigo está nas vivendas e nas festas incontroladas.

A pasada noite a Policía desmontou en Madrid máis dun cento de festas privadas en domicilios, unha vintena de botellóns e 16 locais que seguían abertos despois do toque de queda.

Noticias web

31/10/2020