CRTVG

Buscar

Continúan os controis para evitar desprazamentos non permitidos

Publicado o 31/10/2020 21:18



Patrullas da Policía e da Garda Civil realizan controis nas vías principais e tamén nas estradas secundarias das comunidades autónomas onde se decretou o peche perimetral. Valencia foi unha das ultimas en tomar a decisión.

Tenente Juan Carlos Pérez Posto de Requena: "Estamos controlando sobre todo o acceso á comunidade, unha da principais vías de acceso, que é a A-3, vén xente de Castela-A Mancha e Madrid e levamos desde esta maña controlando que están dentro deses casos excepcionais para que poidan acceder á Comunidade Valenciana".

Esta fin de semana, as saídas e entradas a Madrid por estrada supoñen case un 60 por cento menos que o ano pasado. Pouco movemento tamén na estación de Atocha.

Viaxeiro: "De momento non me pediron nada, saín de Valladolid aquí a Madrid e non me pediron nada".

A presidenta da comunidade conseguiu autorización para un peche perimetral por días, ata o martes, e continúa coas restricións por zonas básicas de saúde. O luns entran en vigor noutras tres.

Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid: "Agora mesmo as nosas estratexias están funcionando e o que non queremos facer é peches masivos, hai que evitalos, hai que intentar ir a medidas cirúrxicas, intentar que a economía e a saúde vaian da man".

Estremadura tampouco optou polo peche perimetral da rexión pero si en sete concellos, incluídos Mérida e Badaxoz, onde a incidencia do virus é maior. Fronte a estes confinamentos selectivos, outras comunidades como Castela e León, País Vasco e Cataluña, que xa levan días co dobre confinamento non descartan pedir autorización para aplicar medidas semellantes ao illamento domiciliario, se as cifras da epidemia non melloran nas próximas semanas.

Noticias web

31/10/2020