CRTVG

Buscar

Continúan os controis nos concellos con restricións de mobilidade para vixiar o seu cumprimento

Publicado o 01/12/2020 21:37

As policias locais e a Garda Civil seguen a controlar a mobilidade daqueles concellos pechados perimetralmente.

Concretamente, a capital galega, que limita co concello de Oroso, no que esta tarde houbo un deses controis de mobilidade, ten os mellores datos epidemiolóxicos de todas as cidades galegas.

Aínda así, non hai que esquecer que o peche perimetral continúa vixente en 62 concellos, dos que non podemos desprazarnos sen xustificación.

Para vixiar que se respecta esta medida, Tráfico mantén os controis de mobilidade. Din que a maioría cumpren as restricións, pero tamén rexistran algún descoido, sobre todo cara as 11 da noite, cando comeza o toque de queda.

Noticias web

01/12/2020