CRTVG

Buscar

Continúan os ataques do lobo na Mariña

Publicado o 12/08/2021 13:53

Cristian é veciño de Landrove, en Viveiro. Agora xa non lle quedan ovellas. O seu amigo Pedro, que é ferrador e coñece ben a zona, considera que a poboación de lobo é excesiva e que non necesita protección.

Francisco está no mesmo grupo de caza que Pedro. Leva cazando dende os 18 anos, ten 60 e hai uns trinta que abriu esta armería. Segundo nos conta, nos últimos 4 meses o lobo matoulle dous cans, unha vaca e tres becerros.

Os últimos ataques dificultan aínda máis a situación, despois de que un cazador de Viveiro publicara un vídeo ameazando de morte un dos biólogos da Xunta que se encarga de facer o censo de lobos na zona.

Noticias web

12/08/2021