CRTVG

Buscar

Continúan con limitacións os voos entre España e o Reino Unido

Publicado o 06/01/2021 16:04
Continúan con limitacións os voos entre España e o Reino Unido

E malia o confinamento decretado no Reino Unido, de momento as fronteiras están abertas e as aeroliñas manteñen as conexións con España.

Os británicos poderían viaxar por causas xustificadas, como motivos laborais, pero o caso é que aquí hai restricións á súa entrada. Para evitar os contaxios coa variante británica do virus, os voos que chegan do Reino Unido están restrinxidos polo menos ata o 19 de xaneiro.

Os voos de entrada permítense para traer residentes aquí, e non hai restricións á saída, así que as aeroliñas manteñen a maior parte das rutas activas.


 

Noticias web

06/01/2021