CRTVG

Buscar

Continúan coa administración da segunda dose na área sanitaria de Santiago

Publicado o 05/06/2021 14:36

Esta mañá, longas colas na Cidade da Cultura que avanzaban a bo ritmo.
Estaban citadas preto de 4.500 persoas.
Teñen entre 66 e 69 anos. Reciben a segunda dose da vacina de Moderna.

Nesta xornada tiñan operativos uns 26 postos de vacinación, algúns deles dedicados a persoas de mobilidade reducida. Despois de tantas xornadas o proceso está xa moi mecanizado: entre o persoal sanitario uns van cargando as doses, outros organizan as quendas e finalmente administran as vacinas. Todos os citados saían satisfeitos de completar a pauta de inmunización.

E mañá domingo comeza aquí a vacinación nun novo grupo de idade.
María José Parrado, enfermeira e coordinadora da vacinación na Cidade da Cultura: "Na área sanitaria de Santiago comezamos mañá coa vacinación do grupo de 40 a 49 anos".

Noticias web

05/06/2021