CRTVG

Buscar

As hospitalizacións por covid seguen aumentando, sobre todo no grupo de 45-50 anos

Publicado o 26/07/2021 23:14
AXENCIAS

A incidencia de contaxios por coronavirus a 14 días aumentou 22,5 puntos esta fin de semana e sitúase en 700,1 casos por cada 100.000 habitantes, mentres que a presión nas UCI supera xa o 16 %.

Os últimos datos sobre a evolución do coronavirus publicados polo Ministerio de Sanidade cifran en 61.625 os novos contaxios desde o venres e en 47 os decesos desde ese día.

Segundo os datos de Sanidade, hai 9.384 persoas ingresadas por coronavirus, 1.429 máis que o venres pasado, e cunha ocupación do 7,85 por cento das camas por paciente de covid−19 en planta, uns 1,2 puntos máis.

A presión nas UCI tamén vai en aumento, con 198 novos ingresos nas unidades de críticos desde o venres, e suman un total de 1.490 pacientes e unha ocupación do 16,1 por cento, dous puntos máis que hai tres días.

Canto aos falecidos, este luns notificáronse 47 mortes, o dobre que hai unha semana, cando foron 23.

Noticias web

26/07/2021