CRTVG

Buscar

Continúan as protestas nas rúas de Chile por receo cara ao seu goberno

Publicado o 07/12/2019 11:46

As manifestacións nas rúas de Chile volveron un venres máis para recordarlle ao goberno que a axenda social anunciada non convence. Miles de persoas coparon a praza Italia de Santiago de Chile, epicentro das protestas, que duran xa 50 días.
Nin o acordo político para abrir o camiño cara a unha nova Constitución que permita reformas estruturais, nin o empeoramento da economía estatal polos feitos violentos, nin as medidas sociais anunciadas desde o goberno logran o cesamento das manifestacións que esta semana saíron baixo o lema "A marcha da esperanza".

Noticias web

07/12/2019