CRTVG

Buscar

Terceiro día de busca no Miño sen rastro de Rafael Sá, o mozo triatleta portugués

Publicado o 03/09/2019 13:57

Contra as sete da mañá, hora española, iniciábanse de novo os labores de busca. Un barco da mariña portuguesa está ao mando destes traballos. Tamén se incorporou un barco da armada española, o Fraguela. 

Juan Díaz, comandante naval de Miño, comunicou que ían centrar a busca "cos medios de superficie e cos sónares de varrido lateral que permiten ver obxectos mergullados no fondo". 

A zona de busca centrarase en 2 quilómetros río arriba e río abaixo do último punto onde se viu ao mozo portugués. O desaparecido ten vinte e catro anos e é natural da localidade portuguesa de Barcelos. Participaba por primeira vez na proba deportiva. Os participantes tiñan que nadar unha distancia de setecentos cincuenta metros, o mozo pediu axuda ao pouco de comezar a competición pero afundiuse antes de que puidesen asistilo.

O perímetro de rastrexo no río céntrase entre o municipio de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, a zona en que transcorría a proba a nado do tríatlon.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/09/2019